María Wonenburger

mariawonenburger

María Josefa Wonenburger Planells foi unha matemática española que desenvolveu os seus traballos de investigadora en Estados Unidos e en Canadá.

Nada o  17 de xullo de 1927, en Oleiros e faleceu o  14 de xuño de 2014 en A Coruña.

No concello de Oleiros un parque leva o seu nome para homenaxear a esta matemática experta en teoría de grupos clásicos en Álxebra de Clifford, especialmente na súa aplicación en física e na teoría de representacións álxebras.

Foi profesora e investigadora en institucións como a universidade de Buffalo, a de Toronto e a de Indiana, tamén foi investigadora do instituto  matemático Jorge Juan del centro superior de investigacións científicas.

No ano 2006 a Xunta de Galicia creou o premio María Wonenburger para recoñecer a traxectoria de mulleres relevantes no eido das ciencias. O premio entrégase cada ano a unha científica diferente.

Deixar un comentario