María Inmaculada Paz Andrade

adapazandrade

María Inmaculada Paz-Andrade Rodríguez, nada en Pontevedra o 14 de Novembro de 1928, é unha influínte científica galega. 

É Doutora en Física (1963). Foi a primeira muller catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.

Ampliou estudos en Manchester  e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España.

Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR.

Algúns dos seus recoñecementos:

Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares e Rodrigo (1999), o Premio María Wonenburger e a medalla Castelao (2008).

Deixar un comentario